Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, na Exposición Apostolus en Compostela

apostolusViveiro, 13 de xullo de 2015.- A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, ten un posto na Exposición APOSTOLUS: Feira Internacional de artigos, arte e itinerarios relixiosos e culturais, en Santiago de Compostela, no Claustro baixo, zona CB do convento de San Martiño Pinario, aperturarase este martes e estará aberta ata o día 17. 17.Reune ao sector relixioso cultural no punto final do Camiño de Santiago tan concorrido nestas datas.

O Arcebispo de Santiago Monseñor Julián Barrio, cualificou esta Feira como “unha fermosa perla”. Reúne a mesma a profesionais do sector, confrarías, clero etc. Siendo visitada por miles de persoas.

A Xunta de Confrarías no seu traballo incansable a prol da Semana Santa de Viveiro, non regatea esforzos e así está alí presente realzándoa se cabe máis aínda, alí se desprazaron varios membros da citada Xunta transportando estandartes, coroas, fotografías, traxes de nazarenos etc., un despregamento que deixe enxergar o que aquí hai para invitar os que a presencien a vivila en Viveiro.

Exit mobile version