Site icon Crónica3.com A Mariña

A XXXI Feira do Bonito de Burela incluirá múltiples actividades musicais e lúdicas

Cartaz Feira do Bonito 2015Burela, 23 de xullo de 2015.- Trinta e un anos non son nada! A XXXI edición da Feira do Bonito (31 de xullo e 1 de agosto) preséntase rexuvenecida. Os anos sentáronlle ben, o traballo realizado por Ledicia fixo que se mantivera forte e viva respetando as súas tradicións. Coas colaboracións e aportacións de este ano inténtase impulsar e dinamizar unha festa que vai máis aló do gastronómico. O bonito representa Burela, representa A Mariña de Lugo mais tamén representa unha cultura mariñeira, o xerme das nosas vilas e o sustento que fixo que chegáramos até aquí.

Na Feira do Bonito preténdese transmitir esta cultura do mar considerando vital a implicación da xente para que a valore con orgullo. Esforzándose porque os fillos do Cantábrico acudan e sintan como súa unha Feira que mezcla tradición e modernidade.

Música toda a fin de semana, descenso de carrilanas, tapas nos locais de Burela, actividades para as nenas e nenos, olimpiadas da costeira (xogos por equipos), campionato de xadrez, racións de bonito de xeito continuado e a presentación do Festival Osa do Mar compoñen un completo programa organizado por Ledicia coa colaboración de Fanto Fantini, ACIA Burela e o Concello de Burela.

A súa completa programación e importancia simbólica convírtena nun plan perfecto tanto para turistas como para toda persoa da Mariña. Desde a organización destacan o esforzo realizado para ofrecer unha Feira do Bonito atractiva para todos os públicos e animan a todos os burelaos e burelás, turistas e á xente da Mariña a asistir e participar nas actividades de toda a fin de semana.

Exit mobile version