Site icon Crónica3.com A Mariña

Aclaración do PP de Lourenzá sobre a débeda pola reparación de pistas

Lourenzá, 8 de xullo de 2015.- Di a nosa alcaldesa: ”El gobierno municipal socialista agradece al grupo popular su preocupación por mantener enterados a los vecinos del ayuntamiento, pero lamentamos que este interés sea repentino y que estas ansias de información no las habían tenido durante la campaña electoral para que le cuente a los vecinos la deuda que le dejaron al nuevo gobierno por la reparación de pistas, que asciende a más de 23.000 euros. ¿A eso se refieren cuando hablan de ocultismo?”

O anterior equipo de goberno executou o Plan Marco da Xunta de Galicia, o Plan de Obras e Servizos da Deputación de Lugo, e executou con fondos propios as obras que considerou urxentes para previr inundacións no rural ou por estar intransitables despois das choivas acontecidas o 3 de decembro do 2014.

Estas obras estaban orzamentadas nos presupostos vixentes, programadas dende novembro, xestionadas en conxunto e que, tiñan que estar xustificadas o 30 de xuño (Plan Marco). estas obras foron anunciadas polo equipo de goberno dende o mes de decembro.

Ademáis executou as obras da carretera que une Oural con Santa María Maior e en Canedo de San Adriano a baixada do Coto hacia a Casa do Cuco, que sufriron un deterioro maior, dende que foran orzamentadas antes das choivas do 3 de decembro. Algo que calquera veciño de a pé entende perfetamente, cando nos metemos en obras, sempre acaban saíndo imprevistos.

Esto non é “ocultismo”, é xestionar con sentido e responsabilidade.

Exit mobile version