Site icon Crónica3.com A Mariña

Adrián Ben, sexto no Campionato do Mundo Xuvenil nos 2.000 obstáculos

Adrián Ben, actual Campión de España, foi sexto na final do Campionato do Mundo Xuvenil que se celebrou na cidade colombiana de Cali. Ademais, cunha sensacional marca de 5.45.59 bate novo record galego da categoría nos 2000 obstáculos onde loitou ata o final por acadar un bo posto.

Ademais de Ben, outras dúas promesas no fondo galego, Miguel González e Tariku Novales realizaron unha destacada actuación despois de clasificarse para a final de 3.000 metros. O atleta do Atletismo Noia, Tariku Novales, entraba no posto duodécimo con 8.40.88 e xusto por detrás, Miguel González, do Lucus, con 8.46.37 nunha carreira dominada polos atletas africanos.

Exit mobile version