Site icon Crónica3.com A Mariña

Andrés López, novo adestrador do Praias de Barreiros FS

PresentacionAndresLopezBarreiros, 23 de xullo de 2015.- O conxunto barreirense firma a Andrés López como novo adestrador do equipo de fútbol sala. Con sobrada experiencia nos bancos dos equipos punteiros da comarca na Terceira División, como foi o caso do Concello de Trabada FS ou o Superti- A Pontenova, Andrés ven de proclamarse campión da categoría e de conseguir o ascenso a Segunda División B co Xove FS na pasada tempada.

Con esta incorporación o cadro barreirense aposta por dar un saldo de profesionalidade e experiencia no banco de cara á súa próxima participación na Liga Autonómica masculina de fútbol sala.

O directivo Tino González, foi o encargado de darlle a Andrés a benvida á que será a súa casa durante a próxima campaña.

Nas próximas datas o Praias de Barreiros FS confirmará as altas e baixas na plantilla de cara á próxima temporada 2015/16 así como o inicio dos adestramentos.

Exit mobile version