Site icon Crónica3.com A Mariña

Armando Requeixo presenta ‘Mondoñedo Literario’ na cidade da Paula

O xoves 2 de xullo, ás 20.00 horas, presentarase na Sala Multiusos do Centro Comarcal de Mondoñedo (antigo Cuartel da Garda Civil) o libro ‘Mondoñedo Literario’, de Armando Requeixo, editado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.

No acto —organizado polo Concello de Mondoñedo e a Deputación de Lugo— participará Elena Candia, alcaldesa da cidade e Presidenta da Deputación; Claudio Rodríguez Fer, escritor e profesor da Universidade de Santiago, e o propio autor.

O volume reúne estudos sobre a vida e a obra dos escritores mindonienses clásicos (Manuel Leiras Pulpeiro, Antonio Noriega Varela, Eduardo Lence-Santar, Xosé Díaz Jácome, Álvaro Cunqueiro, Ricardo Pedreira) e actuais (Xosé Ruiz Leivas, César Cunqueiro, Marina Mayoral, Luis Enrique Cabanela, Félix Villares, Antón Meilán, Francisco Piñeiro, Antonio Reigosa, Xe Freyre e Isabel Morán), amais dalgúns outros escritos de temática mindoniense.

O libro presentarase tamén o venres 3 de xullo ás 19.00 horas no marco da Feira do Libro de Ribadeo.

Exit mobile version