Site icon Crónica3.com A Mariña

Asambleas de socios das ED Lourenzá

As E.D. Lourenzá convocan asamblea de socios para o xoves 9 de xullo ás 21.00 horas en primeira convocatoria e ás 21.30 horas, en segunda, no salón de actos do Concello de Lourenzá. A asamblea xeral ordinaria servirá para repasar a memoria e liquidación do presuposto, discutir o orzamento para a temporada 15/16 ademais do proxecto e proposta para a vindeira temporada. Pola súa banda, na asamblea xeral extraordinaria, abordarase o cese do presidente e a xunta directiva, presentaranse as candidaturas e elixirase novo presidente e xunta directiva ás que se lle asignarán delegacións. Tamén se aproveitará para fixar as cotas dos socios.

Exit mobile version