Site icon Crónica3.com A Mariña

BNG – AA Cervo critica a ausencia de investimentos de Portos de Galiza no peirao de San Cibrao que suplen cun pantalán de segunda man

Cervo, 31 de xullo de 2015.- O BNG – AA crítica as fotos propagandísticas do Presidente de Portos de Galiza na inauguración recente dun pantalán de segunda man que non son mais que esmolas ante a falta de investimento dun ente portuario que xunto con outros cargos do PP levan anos prometendo melloras portuarias e mesmo portos deportivos que nunca se fan realidade. “Aínda valorando de maneira positiva a instalación deste pantalán cren que non se pode suplir con migallas a falta de investimento nun peirao que ten flota pero non ten venta xa que as súas lanchas de baixura – 12 segundo a información manexada – venderon noutros portos preto dun millón de euros en 2014. “Levan anos anunciando portos deportivos, presentando proxectos de mellora ou maquetas e mareando á xente sen que na práctica se vexa nada”, afirmou o portavoz municipal Ramón Luís Bernardo Insua.

BNG – ASEMBLEAS ABERTAS augura que ese pantalán de segunda man instalado en San Cibrao vai ter unha vida curta pola falta de protección ante os temporais e anima ao alcalde e o Tte. de Alcalde, José Manuel Balseiro, a reclamar a Portos de Galiza investimentos coherentes coas necesidades do sector pesqueiro que non teñen porque ser incompatíbeis co aproveitamento turístico.

BNG – AA votará en contra dun suplemento de crédito innecesario de existir boa planificación orzamentaria e menos gasto electoral.
No pleno que se vai celebrar na tarde de mañá venres no concello de Cervo, desde o BNG anuncian o seu voto en contra do suplemento de crédito proposto pola alcaldía por importe de 315.000 euros co fin de afrontar pagos urxentes.

Argumentan o seu voto negativo en que “o uso do remanente de tesourería de 2014 para este fin e non para novos investimentos ou amortizar débeda tal como prescribe Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril ven motivado pola falta de planificación orzamentaria e o interese electoralista do goberno municipal xa que moitos das débedas que se van amortizar con esta medida contaban con orzamento previsto e outras son gastos electorais previos ás pasadas eleccións municipais”.

En concreto estiman que 87.000 dos 315.000 euros do suplemento de crédito que irá a pleno mañá deberan estar xa previstos no orzamento 2015 por ser gastos en enerxía eléctrica e gastos das becas FEUGA, outros por importe de 95.000, gastos que á vista das resolucións da alcaldía incluídas no expediente do pleno son en boa medida gastos preelectorais.

Exit mobile version