Site icon Crónica3.com A Mariña

Bota a andar o III Campus Máis que Fútbol cunha trintena de alumnos

02maisquefutbol15Burela, 13 de xullo de 2015.- Un total de 30 alumnos estrearon este luns a terceira edición do Campus de Fútbol Base Máis que Fútbol no complexo deportivo da Marosa, en Burela. A iniciativa, organizada pola Fundación Imdecum e coa colaboración de AFD Porto de Burela e o Concello de Burela, tamén conta co apoio do CD Burela FS Pescados Rubén e Gadis.

Ata o sábado, os rapaces participantes, de entre 6 e 15 anos, terán a oportunidade de coñecer máis sobre o fútbol sen deixar de divertirse, compatibilizando adestramentos, campionatos de precisión, pase, tiro…, torneo interno, con piscina, talleres de ocio, a práctica doutros deportes e rutas de camiñada por Mondoñedo, Alfoz e O Valadouro.

Exit mobile version