Nesta ocasión, acudiron á cita Javier Peixe e Juan Jose Longarela García. O primeiro alcanzou a cuarta posición en Master 40 nun bonito circuíto moi duro; mentres que o segundo continúa coa mala sorte ó verse obrigado a abandonar despois dunha caída.
Bronce na crono Escalada Monte da Carballeira
Pola súa banda, Basanta participou na crono Escalada Monte da Carballeira acadando unha meritoria terceira posición coa que trouxo unha medalla de bronce a terras mariñás.