Site icon Crónica3.com A Mariña

Carta de Juan Nécega a Lourenzá

Juan Nécega.- Que fácil, verdade? Pois pode parecer que sí, pero non é tanto cando tes tanto que agradecer e tanta xente a quen decirllo porque miras atrás e pensas que a primeira vez que subín na furgoneta tiña 80.000 kms e vai para 350.000. Iso indica varias cousas: que hai que ir buscándolle unha substituta, despois que, son moitas viaxes, moitas ilusións ante cada novo proxecto e moitas caras as que compartimos todo iso para levar o nome de Lourenzá por cada liga.

Moita xente que me acompañou e da que cada día aprendía algo. Xente que me intentaba correxir e axudar, que me facía estar en todo momento concentrado para non ter despistes, aínda que sempre os houbera, xente que padeceu o meu carácter e me invitaba a moderalo, en fin… moitas grandes persoas que se esforzaron cada semana para adestrar, cada fin de semana para xogar e conseguir cada día algo.

Por outra banda, por enriba do plano deportivo, está o que supuxo chegar a Vilanova. Dende o principio me fixeron sentir na casa, me apoiaron, me axudaron e confiaron ano tras ano (hai que ser valentes!!!). O que máis me chamou a atención desde o principio foi a implicación de toda a directiva das escolas en cada evento e actividade que realizan. Están todos para todo, algo atípico nas demais directivas que coñecín. Todos invertindo o seu tempo libre en facer que todo funcione. E vaia si funciona, éxito tras éxito e sen parar de medrar fruto do bo traballo.

É para min un orgullo moi grande pertencer a estas escolas. Ver como se pon o campo cada fin de semana para ver a esa “gran tropa” de rapaces que son a alma do pueblo co alcalde á cabeza, como en cada proba de atletismo ocupamos os primeros lugares, no “futbito” (síntoo a min gústame chamarlle así aínda), no ciclismo, no baloncesto, no patinaxe, en fin…. en todo porque temos de todo. E coidado que o outro día oín a Rubén falando de bobsleigh (ou como se diga) e cando a éste se lle mete algo entre cella e cella……

Recordo como foi o día que me propuxo que me fixera cargo do equipo femenino nunha cafeteria de Foz, unha contratación tipica de Rubén, “bueno tú vas para ali e vamos buscar unha de ali e outra do outro lado e coas que temos…,á champions”. Calquera lle dice que non, un non que non está no seu vocabulario cando chegas e lle propós calquera cousa. Sempre intenta facilitar o traballo e levalo a cabo coma nadie. Un gran activo para as escolas, un gran xerente, un gran adestrador ,unha gran persoa e un gran amigo.

Teño un novo reto por diante, unha oportunidade que non chegaría de non ser por estas escolas e estou moi ilusionado. Outro gran grupo de xente confía en min para unha empresa nada fácil, na que poñerei todo o que teña para que saia ben pero eu xa gañei xa que o baloncesto ó mellor co tempo pasa de largo pero gracias a él volverei a Vilanova cada vez que poida e estarei como estiven ata agora. Na miña casa.

Juan Nécega.

Exit mobile version