Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo inicia a tempada estival na piscina do río Covo

020715 Foto piscina CervoCervo, 2 de xullo de 2015.- Comeza a tempada estival na piscina de Río Covo, que estará aberta ata o 31 de agosto. Anunciouno o concelleiro José Ramón Soto, quen tamén deu a coñecer que na praia do Torno hai servizo de socorrismo todos os días de 12.00 a 20.00 horas.

O concelleiro de Protección Civil e Seguridade Cidadá explicou este xoves que “vamos abrir a piscina de Río Covo, como é habitual nestas datas, xa que chega a época estival. E estará en servizo dende este xoves 2 de xullo, ata o 31 de agosto. Esta piscina disporá dun socorrista titulado e o horario será de 15 a 20 horas de martes a domingo, ambos inclusive”.
Soto tamén comentou que “dado que estamos en época de verán e a xente acode máis ás praias, ademais agora temos de bandeira azul para a do Torno, esta disporá de socorristas de 12 a 20 horas todos os días da semana, de luns a domingo”.

Con respecto á piscina olímpica municipal de Lieiro “o horario do vaso será de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres e os sábados de 10.00 a 12.00 horas. O ximnasio abrirá de 9 a 14 horas e de 18 a 22 horas, de luns a venres. Os sábados o ximnasio e o vaso estarán abertos soamente de 10.00 a 12.00 horas. E esta piscina cerrarase desde o 24 deste mes de xullo ao 1 de setembro por período de vacacións, como se fixo en anos anteriores”, engadiu José Ramón Soto.

O concelleiro de Protección Civil e Seguridade Cidadá rematou recordando que “para calquera emerxencia, aparte dos socorristas, podemos dispoñer do teléfono 112”.

Exit mobile version