Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla: “O patrimonio mineiro de Viveiro: minas da Silvarosa e Galdo”

Viveiro, 30 de xullo de 2015.- O vindeiro xoves 6 de agosto, ás 20:30 horas, na sala multiusos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro acollerá a charla titulada “O patrimonio mineiro de Viveiro: minas da Silvarosa e Galdo”, que será impartida por D. Juan Carlos Gutiérrez Marco, do Instituto de Geociencias, Consejo Superior de Investigaciones Científicas e colaborador do Instituto Geológico y Minero de España e Sociedad Española para la Defensa del Patrimonio Geológico y Minero. O acto será presentado por D. Xesús Oca, presidente da Asociación Cultural e Deportiva Minas da Silvarosa1 e contará, ademais, coa intervención de Dª María Loureiro García, Alcaldesa do Concello de Viveiro, e de Dª. Isabel Rábano, do Museo Geominero e do Instituto Geológico y Minero de España.

Exit mobile version