Con tan só 16 anos, Chino debutou en Segunda División na súa terra, co Albacete FS. Rapidez, pegada e gol abríronlle as portas de Primeira en 2012-13 co Puertollano FS e despois con Montesinos Jumilla FS, no súa estrea na máxima categoría, en 2013-14. O novo xogador laranxa recala na Mariña con 12 dianas en liga, unha semifinal perfecta de Copa de España 2015 ante os burelistas e dous goles na final de Cidade Real ante o Barcelona.