Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausura do exitoso Campus de Fútbol Sala na Fonsagrada

clausuraafonsagrada15-213 de xullo de 2015.- O exitoso I Campus Mixto de Fútbol Sala Base da Fonsagrada puxo o broche o sábado pasado cunha xornada de portas abertas e torneo de despedida.

Ao longo de cinco días, os 40 alumnos/as do clínic, de entre 5 e 17 anos, divertíronse coñecendo máis do fútbol sala, pero tamén doutros deportes, ademais de entreterse con xogos, obradoiros e excursións.

Coa organización do Concello da Fonsagrada e baixo a organización da Fundación Imdecum, o campus tivo o privilexio de contar cun profesorado de luxo. Xunto ao seleccionador nacional, José Venancio López Hierro, tamén visitaron o clínic os capitáns do CD Burela FS Pescados Rubén, Iago Míguez e Edu, xunto ao director da escola laranxa e preparador físico do equipo de Primeira LNFS, Alfonso Mera; o presidente do Comité Galego de Árbitros, Jacinto Artigas, e o colexiado da LNFS, Álvaro Cid Bragado.

A cita fonsagradina abriu a xira estival de 2015 da Fundación Imdecum, que tamén coordinará o Campus de Fútbol Base Máis que Fútbol de Burela, esta semana, e o II Campus Mixto de Fútbol e Fútbol Sala Base de Cangas del Narcea, entre o 20 e 25 de xullo, entre as citas deportivas do verán.

Exit mobile version