Site icon Crónica3.com A Mariña

Club Estudiantes de Lugo e Concello de Mondoñedo impulsan o seu primeiro campamento urbano

O I Campamento Urbano “Móvete con Nós a Mondoñedo” é o froito dunha excelente relación que o Concello de Mondoñedo mantén co Club Estudiantes de Lugo.

O presidente do club, Jesús Lázare; o vicepresidente do mesmo, Arsenio Chapela e o concelleiro de deportes da vila, Manuel Tapia, acordaron organizar conxuntamente un campamento urbano entre os días 24 e 28 do vindeiro mes de agosto.

Ambas partes queren extender a invitación a participar no Campamento a tódolos nenos e nenas de 3 a 12 anos da Mariña Central e arredores. O concelleiro destaca “as distintas actividades de tipo deportivo e cultural que se incluirán na programación, ademais das exclusivamente lúdicas propias de todo campamento de verán”.

Pola súa parte, o Estudiantes de Lugo aportará a infraestrutura e coordinación precisas para que, xunto cos medios humanos e materiais facilitados polo Concello, se garantice que as actividades se adapten perfectamente ás necesidades dos participantes e, deste xeito, se asegure o éxito do evento.

Ambas partes traballarán conxuntamente desexando que, os próximos anos, sexa necesario aumentar a duración e número de actividades debido ó incremento de participantes.

Exit mobile version