Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza este sábado o IV Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, cunha ampla variedade de concertos e actividades

Ribadeo, 17 de xullo de 2015.- Voltan a Ribadeo o jazz e o blues ca celebración da cuarta edición do Festival e da Semana do Jazz. Unha coidada selección de artistas internacionáis e o mellor do panorama galego citanse en Ribadeo nestas datas. Ademáis de unha serie de actividades relacionadas con estes estilos de música que permitirán convertir a Ribadeo no epicentro galego do mundo do jazz e blues.

Os concertos de pago celebraránse no “Auditorio Municipal Hernán Naval” e os gratuitos na Praza do Cantón. Haberá sesión de Jam, curso de música de jazz, cine ao aire libre e como novidade un curso de baile de jazz e blues.

A organización corre a cargo de Game Over Productions e a Asociación Cultural Jazzeo, ca colaboración e patrocinio do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia a través de AGADIC.

PROGRAMACION COMPLETA
Concertos

Día 19 domingo. 23,00 h. Praza do Cantón. José García Quartet. Entrada libre.

Día 21 martes. 23,00 h. Praza do Cantón. Bukin Blues Band. Entrada libre.

Día 23 xoves. 21,00 h. Auditorio Municipal. Velma Powell & Bluedays. Prezo 12,00 €

Día 24 venres. 21,00 h. Auditorio Municipal. Richard Ray Farrell Band. Prezo 12,00 €

Día 25 sábado. 21,00 h. Auditorio Municipal. Ray Gelato & Claire Martin. Prezo 12,00 €

Día 26 domingo. 21,00 h. Auditorio Municipal. Carla Cook. Prezo 12,00 €

Véndese un abono para os catro días a un prezo de 35,00 euros. Venda en www.codetickets.com e a partir do día 20de xullo, na billeteira do Cine-teatro e os días de concerto na billeteira do Auditorio desde as 19,00 horas

Outras actividades
Día 18 sábado. 23,00 h. na Sala Rockuncho, Festa de inauguración. Haberá Jam Session, sorteo de entradas e regalos.

Días 20 e 21 lunes e martes. Como novidade este ano no Auditorio Municipal, levarase a cabo un Curso intensivo de baile de Jazz e Blues a cargo da profesora María Sanz. Para inscripcións e información no teléfono 636171898.

Día 22 de mércores. 23,00 h. Na Praza do Cantón, cine ao aire libre, proxección da película “A film about kids and music”, de Ramon Tort. Un documental con numerosos premios en festivaís intenacionais de cine, que conta a historia da formación e funcionamento da Sant Andreu Jazz Band e da escola de música da citada localidade, de donde sairon figuras do nivel de Andrea Motis, coñecida en Ribadeo donde xa actuóu duas veces.

Do 24 ao 26 venres a domingo. Na Escola Municipal de Música, un ano máis terá lugar o Curso de música de jazz, para inscripcións e información no teléfono 650052745.

Día 25 de sábado. 23,00 h. na Sala Rockuncho Jam Session.

ARTISTAS
Jose García Quartet

O saxofonista José García lidera un cuarteto de auténtico luxo co guitarrista lucense Marcos Pin, o batería Miguel Queixas e o contrabaixo Alfonso Calvo. Todos eles compoñentes de diversas formacions de jazz e con multitude de concertos nas sus costas. Esta é unha de esas oportunidades de verlos xuntos nunha típica formación de jazz e nun concerto moi especial, que sen dúvida non deixará indiferentes a os amantes do xénero, xa que do virtuosismo dos seus compoñentes dan fe a multitude de críticas laudatorias colleitadas ao longo da sua xa ampla carreira musical, tanto na docencia, a composición ou na interpretación. Praza Cantón dos Moreno. 19 de xullo de 2015. As 23,00 horas.

Bakin Blues Band
Bakin Blues Band comenza su andaina como formación de blues no ano 2008. Integrada por músicos galegos de reputado prestixio, cunha longa tradición na interpretación de música negra e indudable presencia en diversas formacions do panorama musical galego desde principios dos noventa. Entre os músicos que compoñen a banda atopamos a recoñecidos profesores das Escolas de Jazz e Blues de Santiago de Compostela e Madrid. O poderío desta formación estriba na potencia dos seus directos, colleitando unha intensa e duradeira acollida de público e fans que disfrutan escoitando esa enérxica mistura de blues de Chicago, soul e boogie boogie que Bakin Blues Band ofrece nos seus shows. Praza Cantón dos Moreno. 21 de xullo de 2015. As 23,00 horas.

Velma Powell & Bluedays
Esta cantante de Chicago resume en sí mesma o mellor do blues. A súa voz tórrida e apaisoada contrasta ca súa seductora sensibilidade ao cantar baladas de jazz. Familia directa de Brownie McGhee, leva nas súas veas os sons do seu lugar de nacemento, o berce da electrificación do blues, á que fai honra con cada nota que sae da súa garganta. O seu repertorio basase nas súas proprias composicions, así como nos sons clásicos dos anos 40, 50 e 60, sobre todo, co estilo de blues de Chicago cun toque do Delta do Mississippi, onde naceu a súa nai. Está respaldada por unha banda consolidada e prestixiosa, Bluedays, que acompaña a Velma cun ritmo sólido e base armónica que é sempre denso e moi eficaz. Velma e Bluedays chegan a Ribadeo tras actuar nun dos festivales máis importantes da península o “ Hondarribia Blues”. Auditorio Municipal. 23 de xullo de 2015. As 21,00 horas.

Richard Ray Farrell
Nado en Cataratas do Niágara, Nova Iorke en 1956. Máis de trinta e cinco anos nas estradas como músico consagrarono como un talento de primeiro nivel no mundo do blues. Este músico de orixen neoiorkino é toda unha lenda do blues cunha dilatada carreira internacional que goza do recoñecimento mundial sobre todo desde que fora teloneiro de Joe Cocker en 1987 e tras colaborar con R.L. Burnside, Louisiana Red, Big Jack Johnson, Frank Frost, Big Boy Henry, batería de Frank Zappa ou Jimmy Carl Black, co que formóu Farrell & Black. Farrell ten colaborado cos mellores músicos de blues de todo o mundo e tocou nos mellores festiváis. Auditorio Municipal. 24 de xullo de 2015. As 21,00 horas.

Ray Gelato & Claire Martin: A Swinging Affair
Ray Gelato mantén a tradición dos grandes showmen do jazz dos anos 40 e 50, interpretando arranxos orixinais sobre composicions da era do swing. O seu desbordante espectáculo devolve ao jazz os seus compoñentes de humor e entretenimento. O ampio son do saxo tenor de Gelato, baseado nos de Ike Quebec e Illinois Jacquet, xunto ao seu estilo como cantante (derivado de Louis Prima e Louis Armstrong) e as suas habilidades como showman, máis os magníficos arranxos escritos especialmente para a sua banda, convierteno en un dos principais estandartes da música swing nos nosos días. A cantante Claire Martin, gañadora dos British Jazz Awards nada menos que sete veces, é considerada a “primeira dama” do jazz británico. Entre os seus discos máis recentes, destaca Too Much in Love to Care (2011), con o lexendario pianista Kenny Barron. Chega a Ribadeo procedente do Festival de Jazz de San Sebastián. Auditorio Municipal. 25 de xullo de 2015. As 21,00 horas.

Carla Cook
Carla Cook canta de forma maravillosa os grandes standards do jazz. No seu repertorio atopamos, ademáis, outras cancions que, ata escoitalas na sua magnífica voz, sería difícil imaxinalas en modo jazz: Scarborough Fair de Simon & Garfunkel; Heart of Gold de Neil Young; Ode to Billie Joe de Bobbie Gentry; Inner City Blues de Marvin Gaye. Ese desexo de cantar todo o que lle gosta, e facelo a o seu xeito, é a imaxen de marca de Carla Cook, que naceu en Detroit e acabóu afincándose en Nova Iorke tras pasar por Boston. Desde o seu primeiro álbum, It’s All About Love (1999), que xa foi nomeado ao Grammy, todalas súas grabacions teñen recibido unhas críticas excelentes. Chega a Ribadeo despóis de actuar en dous festivais tan prestixiosos como o de San Sebastián e o de San Javier. Auditorio Municipal. 26 de xullo de 2015. As 21,00 horas.

Exit mobile version