Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza este venres a décima edición do ciclo musical ‘Sons na rúa’

Foz, 2 de xullo de 2015. A décima edición do ciclo musical ao aire libre Sons na Rúa, organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, comeza este venres 3. Será cun concerto da Coral Polifónica de Burela na praza Martínez Otero ás 21.00 horas.

O día 10 deste mes será a segunda actuación do ciclo, que terá como escenario a praza Pardo de Cela e correrá a cargo de Sara Bahía e Felipe Sánchez. O día 17 actuará a Rondalla Latexos no parque Rosalía de Castro, o 24 o grupo Mar Aberto ofrecerá un concerto na praza Pardo de Cela e o 31 na Praza do Concello a actuación será por parte da Coral Polifónica de Foz. Todos estes actos será tamén ás 21.00 horas.

Exit mobile version