Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Enredos de verán’ para 90 nen@s en Cervo

060715 ENREDOS DE VERÁN CERVO (1)Cervo, 6 de xullo de 2015.- As actividades da iniciativa Enredos de verán, organizada polo Concello de Cervo, comezou este luns e conta coa participación de 90 nenos e nenas.

A concelleira de Educación, Dolores García Caramés, anunciou este luns pola mañá que “hoxe no concello de Cervo comezamos a actividade denominada Enredos de verán, na que están apuntados 90 nenos en idade escolar que en horario de mañá realizan actividades como fotografía na praia, xogos, skate, patinaxe, visitarán o faro de San Ciprián, farán unha busca do tesouro e participarán e diversos deportes. Os nenos están agrupados segundo a idade e realizarán estas actividades de luns a xoves, aínda que tamén as haberá algún venres eventualmente”.

Dolores García destacou que “é unha iniciativa que ten boa acollida, xa que os nenos entretéñense e divírtense durante as mañás do verán. Ademais seguen tendo contacto cos seus compañeiros de clase e coñecen outros novos, debido a que participan nenos dos dous colexios do concello”.

Exit mobile version