Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Burela mostra a súa preocupación pola paralización das obras de acceso ó porto

Dende a Executiva de Compromiso por Galicia de Burela mostran poublicamente a súa “preocupación ante a falta de xestión e responsabilidade do goberno do Sr. Llano”.

“Publicouse estes días a denuncia por parte de técnicos e expertos sobre a execución do muro de contención de acceso o porto. Neste caso pídese a protección do patrimonio e solicítase a paralización das obras”.

CxG de Burela entende que “se fai necesaria unha actuación política que garantice a execución da obra, non nos podemos permitir outra paralización, e a conservación do patrimonio”.

É, neste senso, onde un Alcalde comprometido debe “intermediar entre a Xunta e os denunciantes co fin de garantir o mellor para Burela; xa que os denunciantes aseguraban que “en las últimas semanas, y a pesar de los intentos, tampoco ha logrado contactar con responsables municipales de Burela”.

A situación é seria e pode comprometer a realización da obra. Neste senso, dende Compromiso preguntan:

o é esta a forma de participación que prometia o PSOE de Burela?
o con 7 concelleiros ninguén é capaz de reunirse con estas persoas?
o se se paraliza a obra diante da falta de xestión do Sr Llano quen asumirá responsabilidades?

“Burela, necesita de xestión real, Sr. Llano. Menos fotos, menos paseos e atenda do que importa”, conclúe Juan Carlos Piñeiro Docampo.

Exit mobile version