Site icon Crónica3.com A Mariña

Concerto infantil en Xove con Xoán Curiel

Xoán Curiel ofrece este sábado 4 de xullo no salón de actos do Centro Cívico de Xove o concerto “Estamos no verán”, a partir dsa 11.30 horas. O concerto vai dirixido a tódolos nenos/as, en especial aos que teñan entre 7 e 12 anos, os cales poden vir acompañados polos seus pais e familiares. Esta actuación, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Xove, está patrocinada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, dentro do denominado Programa FALAREDES. Dende o Concello convidan a tódolos nenos/as de Xove ou da comarca a que veñan a este magnífico concerto.

Exit mobile version