Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Construíndo o verán’ ofrece clases de reforzo a 25 rapaces e rapazas en Ribadeo

construindo-veranRibadeo, 13 de xullo de 2015. Este martes dará comezo unha nova edición de ‘Construíndo o verán’, o programa de reforzo escolar que organiza a Concellaría de Servizos Sociosanitarios e que se levará a cabo nas instalacións do edificio da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo.

Segundo explica a edil nacionalista “un equipo de catro voluntarios e a educadora familiar encargaranse de prestar un reforzo escolar durante a estación estival a 25 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos”.

Esta actividade de reforzo escolar, que leva anos realizándose co impulso do Concello de Ribadeo, desenrolase tres días á semana. Será os martes, mércores e xoves de 11 a 13 horas durante os meses de xullo e agosto.
Sonia Vizoso dixo que “ademais, de afianzar os coñecementos adquiridos durante o curso escolar, os alumnos asistirán a distintos talleres, entre os que figuran un de Consumo Responsable, que terá lugar no concello veciño de Vegadeo”.

A concelleira de Servizos Sociosanitarios agradece “aos voluntarios que colaboran no desenrolo desta actividade a súa implicación no proxecto, sen a cal non podería ter lugar”.

A presentación desta nova edición de Construído o verán tivo lugar o pasado xoves.

Exit mobile version