Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúan as actividades organizadas pola Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo

entrega primer clasificado 3x3 fútbol-salaMondoñedo, 30 de xullo de 2015.- A Delegación de deportes do Concello de Mondoñedo continúa coas actividades organizadas para o verán cos seguintes eventos programados:

Sábado 1 de agosto ás 19 horas partido amigable de fútbol-sala Xuvenís de Mondoñedo contra veteranos de Lourenzá.

Luns 3 de agosto ás 19 horas triangular de baloncesto entre equipos de Mondoñedo.

Sábado 8 torneo de natación ás 12 horas, e torneo de wáter-polo ás 18 horas.

Estas foron as actividades xa organizadas pola Delegación:

Torneo de Wáter-Polo
Participaron un total de seis equipos en sistema de Liga. Este torneo é a novidade dentro das actividades que organiza a Delegación e coa boa aceptación por parte da xente optaron por facer un segundo torneo o sábado 8.

Xogouse en sistema de liga todos contra todos en partidos de oito minutos cada ún, en sistema de competición de 3 x 3.

O primeiro equipo clasificado foi o equipo de “Los chicos de Bruno” que se impuxeron na final ao “Armandojaleo”, terceiro clasificado foi o “equipo de Casillas”.

Torneo 3 x 3 de fútbol-sala
Participaron tamén seis equipos pero nesta ocasión fixéronse dous grupos de tres equipos enfrontándose entre eles. Pasaron para unha das semifinais o equipo de “Os de Tronceda” contra “Safu team” gañando o equipo de “os de Tronceda”. Na outra semifinal enfrontáronse “O equipo de Noceda” contra o “Anu Team” gañando o equipo de Noceda.
Na final quedou campión a penaltis o equipo de “Os de Tronceda”. No terceiro e cuarto posto quedou campón o equipo de “Safu Team”

Torneo 3 x 3 de baloncesto
Participaron 7 equipos neste torneo sendo a maioría dos participantes rapazas. Fixéronse dous grupos, un grupo de catro participantes e un grupo de 3, pasando os dous primeiros de cada grupo para semifinais.

Quedou campión o equipo ED LOURENZÁ contra o equipo de MONDOÑEDO. No terceiro e cuarto posto enfrontáronse o equipo de Abadín contra o equipo formado por xogadoras Cadetes das escolas de Mondoñedo (ED MONDOÑEDO).

Destacar a participación nestas tres actividades, e o gran comportamento dos participantes esperando seguir na mesma liña nas actividades que se vaian programando dende a Delegación.

Exit mobile version