Para este Campionato Galego de Piragüismo, o C.D. San Ciprian desprazouse cos seus xoves padexeiros das categorías inferiores. Todos eles con idades comprendidas entre os 9 e 12 anos e competindo sobre unha distancia de 1500 metros.
Na categoría Home Benxamín, na que competían 60 padexeiros, destacou a actuación do xoven Cristian Lage Salgueiro, que conseguiu a medalla de prata nun tempo de 09’ 21’’. Cristian Lage, que tivo o seu primeiro contacto co piragüismo o verán do ano pasado durante o curso de iniciación organizado polo Club, está conseguindo uns excelentes resultados, tanto a nivel Provincial como Autonómico. Todo iso grazas á súa constancia y traballo realizado durante todos os días de adestramento.