Site icon Crónica3.com A Mariña

Detido un barreirense como suposto autor de delitos de furto

A Garda Civil detén a un veciño de Barreiros, de 33 anos de idade, como suposto autor dun delito de furto en grado de tentativa e un delito de furto consumado.

Os feitos ocorren ambos a mesma noite, cando supostamente a persoa detida comete un delito de furto (grado de tentativa) de 20 cadeiras e 4 mesas dunha terraza dun establecemento hostaleiro situado en San Miguel de Reinante valorado en 3.000 euros.

Así mesmo, tamén se lle imputa outro delito de furto consumado cometido nun chalet situado no término municipal de Barreiros, dunha mesa e 4 cadeiras, valorados os obxectos en 400 euros.

A persoa detida foi posta a disposición xudicial.

Exit mobile version