Site icon Crónica3.com A Mariña

Ecuador do Campus de Cangas con deporte, natureza e diversión

campuscangas-entrenamiento23 de xullo de 2015.- Medio centenar de alumnos/ás gozan dende o luns do II Campus de Fútbol e Fútbol Sala de Cangas del Narcea con deporte, contacto coa natureza e sobre todo moita diversión, baixo a coordinación da Fundación Imdecum.

Os pequenos futbolistas tiveron a oportunidade de compartir pista co xogador do CD Burela FS Pescados Rubén Hélder, que visitou o campus o martes en compañía do preparador físico Alfonso Mera. O Centro de Interpretación de Muniellos foi o destino de onte para descubrir moitos dos segredos da reserva natural e hoxe tocou diversión no auga, na presa Prao del Molín.

Ata o sábado a axenda do clínic asturiano estará repleta de actividades lúdico-deportivas, cunha xornada de clausura de portas abertas, con torneo incluído.

Exit mobile version