Site icon Crónica3.com A Mariña

ED Lourenzá, inscritas no grupo A da 1ª Feminina

A Federación Cántabra de Baloncesto publicaba a lista de equipos inscritos en prazo para particiar na competición de Liga da 1ª División Femenina no Grupo A onde militan as ED Lourenzá.

Pero ademais do equipo mariñán, o outro equipo galego na categoría será o Sondeos del Norte Maristas da Coruña. Completan a lista de equipos con dereitos deportivos da temporada anterior o CD Universidad de Valladolid -descendido da LF-2-, Universidad de Salamanca, San Isidro, Ventanas Arsán, Universidad de León – BF León, Cafetería Cervecería La Biblioteca Innobasket, Filipenses, Ascensores Tresa Basket Mar, Unami CP, CDB Fodeba, Castilla Sport Club -que recibe a cesión dos dereitos por parte do CD Baloncesto Tierra de Burgos-, e o CD Villamuriel.

Agustinos Eras E.Leclerc e CD Santa Marta tamén solicitaran praza sen ter dereitos deportivos.

O sorteo do calendario realizarase o venres 17 de xullo. Ata o xoves 16 aínda se recollen peticións.

Exit mobile version