Site icon Crónica3.com A Mariña

ED Lourenzá presenta os avais para a nova temporada en 1ª Nacional

As Escolas Deportivas fixeron efectivos ante a Federación os avais bancarios así como as cotas de afiliación para competir un ano máis en Categoría Nacional.

A partir deste mércores coñeceranse os nomes dos equipos que formarán parte da liga para a vindeira temporada 2015 2016 en 1ª División Nacional, despois do peche do prazo para a inscrición dos mesmos.

Trala incorporación de Juan Nécega como adestrador do primeiro equipo do Ensino, da Liga Femenina 2, o equipo sufrirá unha importante remodelación coa procura dunha persoa que substitúa ó técnico.

Pola súa banda, a composición do plantel dependerá das xogadoras que conformen o equipo en Liga Feminina, aínda que é case seguro que as tres xogadoras que o ano pasado tiñan a vinculación sub-23 Rocío Varela, Tamara Montero e Sara Cuíña formen parte só do 1º equipo, así como Raquel Asensio.

Agárdase a continuidade de Andrea Meilán, Marly Varela, Marta García, Paloma Valín e Almudena Puente, polo que a prioridade agora céntrase na contratación de 3 ou 4 xogadoras que apuntalen o equipo para unha nova campaña, ademais das junior que pasan a categoría sénior.

A idea do club é a de crear un equipo junior das ED Lourenzá Mondoñedo onde dúas ou tres xogadoras estén vinculadas directamente ós equipos de Autonómica e Nacional.

Exit mobile version