Site icon Crónica3.com A Mariña

Elxe, destino das laranxas para comezar 2015-16

Burela, 23 de xullo de 2015.- O CD Burela FS Pescados Rubén estreará a liga de Primeira División RFEF 2015-16 o 16 de setembro na pista do Elche CF, que regresa á elite nunha tempada onde volverá brillar o fútbol sala galego coa presenza de Poio FS, Valdetires, Ourense Envialia e Cidade das Burgas, xunto ás laranxas.

A afección mariñá poderá deleitarse do espectáculo futbolístico en Vista Alegre na segunda xornada, o día 26, fronte ao Rubí FS.

A primeira volta despedirase xa en 2016, o 23 de xaneiro, coa visita do Rioja FSF. O enfrontamento entre logroñesas e burelás pechará a liga o 4 de xuño, na xornada 30.

Exit mobile version