Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito no comezo do I Campus da Fonsagrada

05afonsagrada157 de xullo de 2015.- O fútbol sala cóase esta semana na vida da Fonsagrada co I Campus Mixto de Base. A cita, organizada polo Concello coa coordinación da Fundación Imdecum e o secretario técnico do CD Burela FS Pescados Rubén, Juanma Marrube, arrancou este martes pola mañá con éxito con 40 alumn@s de entre 5 e 17 anos.

Ata o sábado, os rapaces alternarán os adestramentos con torneos e outros deportes (futvoley, rugby, béisbol…), olimpíadas tradicionais e xogos, ademais de piscina e obradoiros, con convidados sorpresa.

Iago Míguez e Edu
O clínic recibirá este mércores a visita dos capitáns do CD Burela FS Pescados Rubén, Iago Míguez e Edu, xunto ao director da escola laranxa, Alfonso Mera.

Exit mobile version