Site icon Crónica3.com A Mariña

Festa Indiana no centro de día de Ribadeo como preludio ó II Ribadeo Indiano

Ribadeo, 9 de xullo de 2015. O Centro de Día acolle este venres, a partir das 16.00 horas, unha festa indiana.

Segundo explica a concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán, “aínda que a celebración oficial do II Ribadeo Indiano dará comezo mañá, 10 de xullo, xa están a chegar os primeiros indianos á nosa vila dispostos a compartir cos usuarios do centro de día as súas experiencias esta tarde. Na festa indiana desta tarde non faltará a música daquela época”.

A edil nacionalista agarda que “os usuarios e usuarias do centro de día gocen con esta cita”. Varios membros do equipo de goberno acudirán a esta festa indiana.

Exit mobile version