Son istes motivos que fan que se vivan estas xornadas, lúdicas e relixosas, con un mais fondo sentido solidario, expresado popularmente polo agarimo á Patrona á que ofrecen o traballo nada doado da confección das alfombras florais que poñen ós seus pés no longo percorrido polas rúas do que leva sido o barrio mariñeiro, o mais carismático de Foz, que conserva o talante, a personalidade e a idiosincrasia dunha actitude humana e social de características propias e diferenciadas. Pero as xente do mar, tan sabidas de tormentas e borrascas; de tempestades e naufraxios, volven sempre ao mar, porque nel respiran a cotío aires de liberdade, pois como dixera o poeta francés Baudalaire “ o home libre sempre amará o mar”.
Por eso tamén, nesta ocasión proclama: ¡que soe a gaita!. ¡Que a súa alborada de Gloria anuncie ós catro ventos que Foz está de festa e que, o estoupido dos foguetes, espalle a boa nova por tódalas terras amigas, para que as súas xentes compartan con nós estes días de gozo, dun pobo que ten as súas raígames mais fondas no mar infinito, inconmensurable!