Foz, 16 de xullo de 2015.- “Foz, Plataforma de Futuro”, estamos sorprendidos pola decisión da DGT de trasladar os exames teóricos de conducir que se viñan celebrando en Foz, para Lugo, así mesmo, manifestamos a nosa oposición total ante esta decisión, e loitaremos e defenderemos que este servicio siga funcionando en Foz.
Estas probas levan celebrándose no noso Concello dende fai varias décadas, en distintos sitios para ir adaptando e modernizando as instalacións,entendemos que non pode servir como escusa para a DGT querer informatizar estes exames teóricos para sacalos do noso Concello e da nosa comarca.Si realmente a escusa é esa temos que manifestar que é moi pobre xa que o Concello de Foz ten unhas magníficas instalacións para poder informatizalas e poder seguir facendo ditos exames teóricos neses mesmos locais.
Esta decisión vai ocasionar un enorme prexuízo ós veciños e veciñas de Foz e da comarca,afectando a mais de 70.000 persoas e facendo que teñamos que desprazarnos mais de 100 quilómetros para facer algo que o podemos facer ó lado da casa.
De levarse adiante esta nova decisión de sacar as probas teóricas do noso Concello e da nosa Comarca, dende “Foz, Plataforma de futuro” o vemos como un novo ataque da administración do Estado do PP ós servicios dos que dispoñemos os veciños da nosa comarca, como xa o estamos a sufrir no Hospital Da Costa,os servicios de Facenda ou os Xudiciais sen ir mais lonxe.Entendemos que a administración do Estado e da Xunta de Galicia do PP teñen un interese desmesurado de centralizar os servicios na capital da nosa Provincia sen pensar nos prexuízos que esto ocasiona ós veciños de Foz e da nosa Comarca.
Invitamos á DGT a que paralice inmediatamente esta decisión, e sí poña os medios necesarios para que as instalacións que temos no noso Concello poidan seguir albergando estas probas para servicio dos veciños e veciñas da Mariña.E así mesmo tamén facemos un chamamento á DGT para que se preocupe mais do estado lamentable das nosas estradas, da nosa Comarca, e que se deixe de pensar tanto en mirar a forma de recadar mais.
Dende “Foz, Plataforma de Futuro” facemos tamén un chamamento a todas as forzas políticas da Mariña, para loitar xuntos contra esta inxustiza que tantos prexuízos nos vai ocasionar ós veciños e veciñas da nosa Comarca.
“Foz, Plataforma de Futuro” vamos a sumarnos a todas ás iniciativas,sexan institucionais ou sociais que teñan como finalidade o mantemento deste servicio na Comarca e mais concretamente en Foz.