Site icon Crónica3.com A Mariña

FRUGA chama a participación na manifestación do venres día 17 para esixir medidas que atenuen a situación do sector lácteo galego

Mercores, 15 de xullo de 2015.- A Federación Rural Galega (FRUGA), participará dentro da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego, neste primeiro acto reivindicativo do conxunto do Sector Lácteo Galego; o cal enmarcamos nun programa máis amplo de mobilizacións e negociacións que permitan chegar de xeito inmediato a solucións.

A gravidade da situación do sector na actualidade non permite máis demoras nin estar a expensas de determinados protagonismos. Precisase unha resposta social conxunta do sector na demanda de solucións económicas e sociais que permitan a súa supervivencia.

A FRUGA chama a participación d@s produtor@s e do conxunto da sociedade das comarcas leiteiras para demandar que se garanta a recollida do 100 % do leite galego e que se faga a uns prezos dignos. Traballo que corresponde á XUNTA e ó MINISTERIO sacar adiante xa; pois a pesares dos avisos que se lles viñeron dando nestes últimos anos, non adoptaron nin unha soa medida que impedise chegar a esta situación.

Exit mobile version