Site icon Crónica3.com A Mariña

FRUGA participará este luns na xuntanza para constituír a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego

Luns, 06 de xullo de 2015. A Federación Rural Galega(FRUGA), participará na xuntanza que en réxime de autoconvocatoria se vai celebrar esta tarde en Santiago de Compostela. A crise que vive nestes momentos o sector lácteo galego, precisa de medidas urxentes co fin de facilitar a continuidade das explotacións leiteiras galegas.

En primeiro lugar convén subliñar que nesta xuntanza defenderemos a convocatoria urxente de mobilizacións, para que dalgunha forma as administracións empecen a tomar nota da problemática que viven a dia de hoxe os gandeiros e gandeiras galegas produtores de leite.

A dia de hoxe precisamos dunhas garantías mínimas de recollida, contrariamente o que ven sucedendo nos últimos días, nos que houbo explotacións que tiveron que tirar o leite durante varios días, sen ter ningunha industria que o recollera. E ante tal situación a conselleira do medio rural estivo desaparecida, sen dar ningún tipo de solución as importantes perdas que sufría esa explotación.

Outra das demandas de FRUGA na xuntanza desta tarde será conseguir uns prezos que cubran os custes de produción, xa que a dia de hoxe, estamos ante unha situación na cal se está a producir a prezos moi baixos, e as industrias aproveitan a conxuntura de que queda leite sen recoller para aplicar novas baixadas.

E para conseguir todos estes obxectivos precisamos dunha interprofesional láctea galega, que sexa quen de establecer relacións interprofesionais entre os distintos axentes que forman parte deste sector: produtores, industria e distribución. Que evidentemente esta interprofesional será unha das demandas que proporá FRUGA no dia de hoxe.

Exit mobile version