Site icon Crónica3.com A Mariña

Fundación Alcoa , con Pasada das Cabras de Burela no río Xunco de Cervo

OLYMPUS DIGITAL CAMERASan Cibrao, 23 de xullo de 2015.- Alcoanos en Movemento da Fundación Alcoa, coa colaboración de Pasada das Cabras, realizaron a 2ª ruta das tres programadas para este mes de xullo por zonas da Mariña.
Nesta ocasión participaron máis de 30 camiñantes que partindo da desembocadura do río Xunco, na Praia de Rueta, percorrerán a canle río arriba ata chegar a Cervo.

A beleza da ruta xunto co bo estado de limpeza desta, cousa que agradecen ao concello de Cervo, fixo que os participantes se animasen a seguir polo Camiño Real ata Sargadelos, onde percorreron a senda botánica e o Paseo dos Namorados.

Para o próximo xoves 30 teñen programada a ruta do río Rigueira en Xove, que completará esta actividade do voluntariado de Alcoa.

Exit mobile version