Site icon Crónica3.com A Mariña

Gayol, novo adestrador do CD Foz que estrea a Pepe Rivera como presidente

José María García Rivera foi elixido presidente do C.D.Foz, nunha asamblea celebrada o pasado mércores, trala dimisión de Julián Amarelo, a falta dun ano do remate do seu mandato, por motivos persoais. Deste xeito, o vicepresidente, Pepe Rivera, toma as rendas por un ano ata que se convoquen de novo eleccións no ano 2016.

Rivera comezou explicando na asamblea que “o C.D.Foz é unha institución no noso Concello” polo que “merece o noso respeto”. “A directiva encabezada por Amarelo fixo un gran traballo de recuperación e saneamento do club, agora toca seguilo e para iso recaeu en min a responsabilidad de dar o máximo xunto co resto da directiva para traballar por este gran club”.
Nos próximos días celebrarán varias reunións para “perfilar a próxima temporada e por suposto continuar co proxecto de forlalecer a nosa canteira e darlle continuidade ós xogadores no equipo grande”.
Por outra banda, “queremos, e así se vai propoñer, contar cun director deportivo e un director económico. E, a maiores, tamén facemos un chamamento para a colaboración e axuda ó noso club”.

“No tema de adestradores estamos a confeccionar o noso corpo técnico e queremos facer moito fincapé na base e darlle unha atención prioritaria ós rapaces das distintas categorías. Para nós é importante que os máis pequenos sintan o club e defendan os colores co cariño que se merecen”.

No primeiro equipo chegouse a un entendemento co anterior adestrador, Bebo, que deixará o club; pero queremos agradecer a súa profesionalidade e saber estar durante o tempo que adestrou ó equipo.

Por outro lado, e despois de manexar varias propostas, a directiva por unanimidade elixe para adestrar ó C.D.Foz para a próxima temporada a José Maria Gayol Rey. No plano deportivo as propostas recibidas eran moi similares; pero no tema económico, a proposta de Gayol foi a máis ventaxosa para o club”.

Exit mobile version