Site icon Crónica3.com A Mariña

Imputados como supostos autores dun delito de roubo no polígono de Cuíña

17 de xullo de 2015. A Garda Civil imputa na localidade de Burela ás 12.00 horas do 16 do actual a tres súbditos portugueses con idades comprendidas entre os 21 e 29 anos e a un oriundo de Ourense de 21 anos, como supostos autores dun delito de roubo con forza nas cousas.

Os feitos ocorren durante a madrugada do día 10 de xuño, cando se produce un roubo con forza nunha empresa con sé no polígono industrial de Cuíña, subtraendo do interior dunha caseta de obra dúas faixas, un cinto, unha alargadeira, unha pata de cabra e uns 150 litros de gasoil dunha máquina escavadora.

As persoas imputadas foron postas a disposición xudicial.

Exit mobile version