Site icon Crónica3.com A Mariña

La Cuchara de Palo, novo restaurante nun dos edificios indianos de Ribadeo

inauguracion-lacucharadepaloRibadeo, 10 de xullo de 2015. O restaurante La Cuchara de Palo foi inaugurado este xoves en Ribadeo, no número 67 da rúa San Roque, onde se atopa un dos edificios indianos máis espectaculares que hai nesa zona da vila ribadense. Este lugar é precisamente un dos principais epicentros do Ribadeo Indiano, festexo que comeza este mesmo venres e se desenvolver ata o domingo.

La Cuchara de Palo participa na festa indiana e para iso estes días ofrece tres especialidades típicas da cociña brasileira: coxinhas, rissoles e kibes. Algunhas delas tamén están na carta habitual do restaurante, que é moi ampla e variada. A maioría dos pratos que se inclúen son típicos desta zona: carnes, peixes, mariscos, pratos de culler, ensaladas, racións e sobremesas propias da gastronomía tradicional de Galicia e Asturias.

Foron moit@ @s ribadenses que se achegaron este xoves á súa inauguración.

Exit mobile version