Site icon Crónica3.com A Mariña

López Penabad aplaude a chegada dunha enerxía limpa e barata a Ribadeo

Ribadeo, 23 de xullo de 2015.- O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, aplaudiu na mañá deste xoves a chegada dunha enerxía limpa e de baixo prezo ao municipio.

O popular explicou que gracias ao bo facer e á coordinación entre o Executivo Central e Galego, 3.000 ribadenses veranse beneficiados do gasoduto antes do vindeiro inverno.

“Trátase dunha ambiciosa aposta entre Xunta e Goberno Central, materializada na construción do gasoduto”- salientou, unha das principais obras da comarca, da que agora poden beneficiarse tamén os veciños de Ribadeo e as súas empresas.- concluíu.

Exit mobile version