Site icon Crónica3.com A Mariña

Lourenzá conta con preto de 80 mil euros procedentes da Xunta gracias ao traballo do anterior Goberno

Lourenzá, a 31 de xullo do 2015.- O grupo municipal do partido popular de Lourenzá celebrou este venres que o seu traballo ao fronte do Concello na pasada lexislatura está dando resultados positivos e afirma que esta labor repercutirá na calidade de vida dos veciños.

Os populares explicaron que a Xunta de Galicia concedeu, en menos dunha semana, máis de 80.000 euros ao Concello para diversas actuacións, grazas as subvencións que deixaron tramitadas cando estaban no Goberno.

Con datos na man, os populares remitíronse ao DOG do pasado venres, día 24 de xullo, onde se plasman as subvencións concedidas, en réxime de concorrencia competitiva. Figuran aquí, os proxectos de aforro e eficiencia enerxética para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE); un proxecto, afirmaron, para o que o Goberno Galego concedeu 5.895,45 € na renovación das luminarias dun alumeado público. Desta maneira, son catro os alumeados públicos que se renovaron no período nos que Emma Álvarez foi alcaldesa, permitindo un importante aforro económico para as arcas municipais.

Por outra banda, os populares tiñan previsto transformar o recinto do mercado gandeiro diferenciando dúas áreas, por un lado a parte traseira que alberga os almacéns e as instalacións de uso diario dos operarios municipais e na cal se atopa entre outros o taller de carpintería e por outro lado, a parte máis pública, na cal se celebra o mercado propiamente dito e no que se sitúa a aula de formación, as oficinas de Espina y Delfín e a antiga lonxa municipal adicada na actualidade a viveiro de cooperativas.

Neste senso os populares manifestaron que a subvención de comercio concedida pola Xunta de Galicia e que supera os 30.000 € é para a pavimentación do recinto público e para a construcción dun muro divisorio destas dúas zonas que quedarán comunicadas entre si por unha porta. Lembraron os populares que con esta actuación sentaban os piares para posteriormente transformar as antigas naves da feira nun recinto multidisciplinar que albergara un auditorio, investimento tan demandado polos nosos veciños.

Nesta liña de subvencións, o grupo municipal popular explicou que a Xunta de Galicia aprobou o finanzamento bianual da oficina da área de rehabilitación integral (ARI) municipal por importe de 44.700 €; un investimento que está condicionado a que o equipo de goberno dea resposta en prazo ao requirimento feito polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.

O PP de Lourenzá agarda que o grupo de goberno mostre máis interese pola renovación e ampliación do ARI que mostraron cando eran oposición e contesten en prazo ao requirimento da Xunta. Lanza esta advertencias posto que no pleno municipal celebrado con urxencia para aprobar este plan, non asistiu ningún concelleiro socialista. Naquel momento, explicaron os populares, os socialistas alegaban que tiñan que traballar, e, curiosamente, os mesmos edís agora forman parte da Xunta de Goberno Local que se celebra os luns as mañás cada 15 días.

“Para o grupo maioritario da oposición esta é unha moi boa noticia para Lourenzá, non só permite atraer investimento para o noso concello, senón que tamén contribuirá a mellorar o aspecto visual do noso fermoso casco urbano, feito sumamente importante para un concello que forma parte do Patrimonio da Humanidade ao seren declarados recentemente pola UNESCO os Camiños do Norte”.- concluíron.

Exit mobile version