Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de cen alumnos na Xira 2015 de Imdecum

05maisquefutbol15-saltocoro30 de xullo de 2015.- Un total de 120 rapaces/as gozaron da Xira 2015 de Imdecum no mes de xullo, cos clínics deportivos da Fonsagrada, Burela e Cangas del Narcea, baixo a coordinación do secretario técnico de CD Burela FS Pescados Rubén, Juanma Marrube.

O I Campus Mixto de Fútbol Sala Base fonsagradino estreou o ciclo o 7 de xullo con 40 pequenos deportistas de entre 5 e 17 anos, baixo a organización do Concello. A cita, que se despediu o sábado 11, tivo o privilexio de contar cun profesorado de luxo; xunto ao seleccionador nacional, José Venancio López Hierro, tamén visitaron o clínic os capitáns do CD Burela FS Pescados Rubén, Iago Míguez e Edu, xunto ao director da escola laranxa e preparador físico do equipo de Primeira LNFS, Alfonso Mera; o presidente do Comité Galego de Árbitros, Jacinto Artigas, e o colexiado da LNFS, Álvaro Cid Bragado.

Burela foi o seguinte destino da Fundación Imdecum, entre o 13 e o 18 de xullo, coa terceira edición do Campus de Fútbol Base Máis que Fútbol. Unha trintena de nenos/as de entre 6 e 15 anos tivo a oportunidade de coñecer máis sobre o fútbol sen deixar de divertirse, compatibilizando adestramentos, campionatos de precisión, pase, tiro…, torneo interno, con piscina, talleres de ocio, a práctica doutros deportes e rutas de camiñada por Mondoñedo, Alfoz e O Valadouro.

Imdecum pechou o mes de xullo en terras asturianas, co II Campus de Fútbol e Fútbol Sala Base de Cangas del Narcea. Entre os días 20 e 25, 50 pequenas promesas de entre 6 e 17 anos compartiron deporte e convivencia; o Centro de Interpretación de Muniellos e o encoro Prao del Molín foron algunhas das xoias naturais das que se deleitou o alumnado da cita.

Exit mobile version