Site icon Crónica3.com A Mariña

María Lestao, unha xove ximnasta de Burela, proclamouse campioa galega de ximnasia rítmica na modalidade individual

OLYMPUS DIGITAL CAMERABurela, 24 de xullo de 2015.- Recepción no Concello a María Lestao, unha xove ximnasta de Burela, de 9 anos, que se proclamou campioa galega de ximnasia rítmica. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, subliñou a importancia deste trunfo e tamén o apoio ao deporte base por parte do Concello.

Deste xeito a Concellería de Deportes realizou un recoñecemento “a esta moza burelesa, que foi campioa galega de ximnasia rítmica na modalidade individual. Este trunfo permitiu que se clasificase para o campionato de España, o que supuxo que se convertera na primeira ximnasta da provincia de Lugo nos últimos 20 anos que consegue este fito”.

No acto fíxoselle entrega por parte do alcalde, Alfredo Llano, dunha figura institucional do Concello, o faro de Burela, “e se animou tanto á propia ximnasta como á súa familia e adestradora a seguir na mesma liña de traballo para lograr as metas que se propoña”.

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, amosou “a nosa satisfacción por éxitos como os de María dos que nos sentimos moi orgullosos e agardamos que María siga a levar o nome do deporte de Burela ás cotas máis altas. O Concello quere manifestar o seu máximo apoio ao deporte de base xa que entendemos que o deporte é unha actividade que axuda a que os nosos mozos e mozas se enchan de todos eses enormes valores que pode transmitir o deporte e que lles será de grande axuda na súa vida”.

Exit mobile version