Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción sobre mobilidade reducida presentada polo PSOE de Foz

Foz, 2 de xullo de 2015.- O PSdeG-PSOE de Foz, a través do seu grupo municipal :Francisco Ramalleira Fraga , Ángeles Veiga Varela, Jose María Linares Rodríguez, presenta ante a Corporación Municipal a seguinte MOCIÓN:

Que as persoas con mobilidade reducida teñen dificultade para acceder a algúns dos edificios públicos.
Que no noso concello aínda se poden observar moitas barreiras que dificultan o acceso das persoas con mobilidade reducida a certos lugares.
Que o maior órgano de representación municipal e o pleno que se desenrola no salón de plenos do concello, un dos edificios onde as persoas con mobilidade reducida teñen dificultade de acceso.
O PSdG-PSOE de Foz, presenta a seguinte MOCIÓN , para que a Corporación Municipal inste ao Goberno Municipal a:

– Efectuar as reformas necesarias, ou cambiar de ubicación o salón de plenos municipal, buscando un acceso axeitado para todas as persoas.

Exit mobile version