Site icon Crónica3.com A Mariña

MoranGrupo, novo patrocinador do equipo de nacional de basket das E.D. Lourenzá

moran 002Lourenzá, 25 de xullo de 2015.- A terceira temporada do primeiro equipo de basket das Escolas que milita en Categoría Nacional será co nome deportivo de MoranGrupo, empresa afincada en Mondoñedo e que engloba diferentes ramas do transporte; dende buses e microbuses, aluguer de vehículos, transporte sanitario… que colabora dende fai varios anos co deporte da Mariña e agora o fará tamén co baloncesto feminino en particular.

Este venres firmouse o convenio de colaboración entre o representante da empresa, D. Ángel Morán e o presidente das E.D. Lourenzá D. Pablo Maseda en presencia da rexidora laurentina Dª. Rocío López. O convenio será por esta tempada 2015 2016 e poderá ser prorrogable de temporada en temporada.

A partir deste sábado, o nome oficial do equipo de nacional será MoranGrupo Lourenzá, o que se poñerá en coñecemento da Federación Cántabra de Baloncesto, organizadora esta temporada da competición, á maior brevidade posible.

Exit mobile version