Site icon Crónica3.com A Mariña

Muiñeiras, pasodobres e boleros nos concertos da Banda de Música Municipal no Ribadeo Indiano

concerto-banda-ribadeo-indianoRibadeo, 13 de xullo de 2014. A Banda de Música Municipal de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, ofreceu dous concertos con motivo da festa indiana celebrada esta pasada fin de semana.

As dúas actuacións foron na noite do venres e o domingo ao mediodía, ambas as dúas no Quiosco da Música e nas dúas ocasións foron seguidas por numeroso público no parque de San Francisco da vila ribadense.

Nestes dous concertos a banda municipal de Ribadeo ofreceu pezas como No lo olvido, Lugo-Ferrol, El Cunbachero, A Freixa, Na Rúa do Porto, Cerezo Rosa, Brasiliana, Muiñeira dos Pendellos, Piensa en mí, Banda Galega, Torre de Arena, Camino Verde, As Penelas, Brincadeira e tamén popurrís de boleros.

Exit mobile version