Quen vivimos a Franco na xuventude e crecemos dándonos conta do infernal daquel réxime, criamos cos ollos pechados que aquilo era remediable, e así foi, tocounos en sorte o mellor da estreada democracia, un benestar social insospeitado, pleno emprego, unha sanidade como nunca tivo iste pais, a integración en Europa, vivenda e confort ata dicir basta e ter que loitar contra o sumo consumo que nos consumía.
Desde 1982, España foi outra. Pero, como todo na vida, aquilo madurou mal e onde hai moito diñeiro hai moita tentación, que decía Don Amador o cura de Cordido, non digamos onde hai moito poder. O diñeiro e o poder,fan moi mala maridaxe para os que se renden á rapiña. Foronse formando unos partidos cómplices que se defenden a si mesmos coma se dun ente superior tratásese, con máis acordos tácitos de non agresión que esixencia mutua de transparencia. Todos acabaron metendo a man na caixa común, uns ao grande e outros ás migallas, suficiente para ter que calar.
A corrupción, a desmandada globalización protexida por malos políticos que negocian en segredo un Tratado de Libre Comercio que pode acabar coa soberanía dos pobos, o seu desprezo absoluto cara ao ser human nacional ou inmigrante, cara ao cidadán e os dereitos básicos, ese é o escenario hoxe. E, ante ese panorama, os partidos inmersos na merda ata os ollos pretenden salvar os trastos presentando una nova faciana e máis obxecto de chanza que de aplauso, Pero, as trampas non gañan eleccións, gáñanas o bo facer, a limpeza, a honestidade, a coherencia e a seriedade, recoñecer as fraudes e non destruír as probas xudiciais, dar a cara e sobre todo, deixar de trampear, que non somos parvos.
Otero Regal.