Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova fin de semana tecnolóxica en Ribadeo organizada por APAGA

Ribadeo, 3 de xullo de 2015. Este sábado 4 de xullo as instalacións do hotel O Cabazo, de Ribadeo, acollerán unha nova fin de semana tecnolóxica, organizada pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, que preside o ribadense Álvaro Doural.

Unha trintena de persoas acudirán a esta cita, que se desenvolverá desde as 11 da mañá ás sete da tarde, e na que se abordarán cuestións como a reprogramación de centralitas.

Viaxe a Italia
Namentras ata o 8 de xullo un grupo de 12 profesores participan en Italia na terceira e última saída formativa deste curso enmarcada no programa Erasmus + Aprender a aprender en la formación profesional. Alí visitaron xa varias escolas de formación, así como as empresas Lamborghini e Iveco.

Este sábado, 4 de xullo, acudirán á Cámara de Comercio de Brescia e o domingo viaxarán a Venecia.

Exit mobile version