Segundo explican desde o Concello “o contacto con esta compañía foi a través da asociación Mural Folk, que xunto a Festifolk (entidade que integra a máis de 45 asociacións folclóricas sen ánimo de lucro en España), se puxeron en contacto con Arco da Vella.
Sentido Sur é unha compañía formada por 25 persoas, 16 bailaríns de 9 músicos. O grupo está estes días de xira por Galicia e logo continuará no País Vasco, Asturias, Extremadura e Portugal. Os seus principais obxectivos son os de conformar pezas capaces de expresar a identidade uruguaia, sintetizar e mostrar diferentes aspectos das danzas folclóricas, músicas, vestiarios e instrumentos que conforma o seu patrimonio cultural tradicional.
A Mostra Folclórica de Verán foi presentada este martes ó mediodía no Concello polo alcalde, Alfonso Fuente, pola concelleira de Cultura, Adela Rodríguez , e polo presidente de Arco da Vella, Enrique Penabad.