Burela, 9 de xullo de 2015.- Principio e final na Bomboneira. O CD Burela FS Pescados Rubén estreará a tempada na casa o 12 de setembro, recibindo ao Aspil Vidal Ribera Navarra. Ao equipo de Daniel Ibañes tamén lle tocará despedirse en Vista Alegre, co UMA Antequera, o 30 de abril.
Derbi galego antes dos grandes
A Marea Laranxa poderá gozar do primeiro derbi galego na Mariña; coa décima xornada, o 14 de novembro, chegará Santiago Futsal. Despois, en tan só dúas semanas, o equipo burelista terá que medirse aos tres grandes. En sete intensísimos días, xogará nas pistas de Inter Movistar (21 de novembro, 11ª xornada) e ElPozo Murcia (28 de novembro, 13ª xornada), coa visita do Levante UDDM no medio (24 de novembro). O 5 de decembro, na penúltima xornada da primeira volta, o conxunto galego recibirá o FC Barcelona, no primeiro Día do Club laranxa.
Na segunda volta, Vista Alegre acollerá os outros dous Días do Club con interistas, o 2 de abril, e os murcianos, o 16 de abril.
Primeira xornada LNFS 2015-16
Jumilla B. Carchelo – ElPozo Murcia
Magna Navarra – Palma Futsal
Burela Pescados Rubén – Aspil Vidal Ribera Navarra
D-Link Zaragoza – FC Barcelona Lassa
Catgas E. Santa Coloma – Levante UD DM
Jaén Paraíso Interior – Movistar Inter
Peñíscola – Santiago Futsal
Elche CF V. Alberola – UMA Antequera